O luns 24 de xaneiro visitou a biblioteca o alumnado de 2º de Educación Infantil de Ordinario do IES de Chapela.
Nesta visita coñeceron a biblioteca e os seus recursos, tanto os que lles poden interesar agora como alumnado como os que poden empregar no futuro cando traballen con grupos de infantil.
Vimos como se organiza unha biblioteca para o público de 0-3 anos e como se seleccionan os libros, afondando en que materiais e temáticas son os máis adecuados. Así mesmo, amosamos unha selección de libros e os recursos necesarios para preparar unha sesión de contos.
E sobre todo pasamos unha boa xornada descubrindo os “Dereitos do lector”.