Pride
Año: 2014
Clasificación:7
Unha das mellores comedias británicas dos últimos anos, baseada nunha sorprendente e conmovedora historia real e cunha banda sonora alucinante. Se che gustaron “ Billy Elliot” e “ The Full Monty”, toca gozar de ” Pride”. Verán de 1984. Margaret Thatcher goberna e o Sindicato Nacional de Mineiros (NUM) convocou unha folga. Durante a manifestación do Orgullo Gai en Londres, un grupo de lesbianas e gais dedícase a recadar fondos para axudar ás familias dos mineiros. Pero hai un pequeno problema: o sindicato non acepta os cartos. Os activistas non se desalentan. Deciden saltarse ao sindicato e ir directamente aos mineiros. Escollen unha aldeíña de Gales á que van nun minibús. Así empeza a extraordinaria historia de como dúas comunidades totalmente diferentes únense por unha causa común. Baseada en feitos reais.