ECOBIBLIOTECA: Adopta unha semente
Para festexar o Día Mundial do Medio Ambiente, durante esta semana a biblioteca entregou ao público usuario e entidades que así o desexaron unhas sementes xunto cunha carta de “adopción” para cultivar nas nosas hortas e fogares. Ao longo do ano a biblioteca fará un seguemento das plantas e do seu crecemento. Con esta actividade a biblioteca únese as accións para promover a implantación da Axenda 2030 de Desenvolvemento Sostible da ONU.
Esta biblioteca apoia os ODS
A natureza é fundamental para a nosa supervivencia, proporciona osíxeno, regula os nosos patróns climáticos e poliniza os cultivos que se converten no noso alimento. Pero está sometida a un desafío crecente debido á degradación ambiental.