Volve á biblioteca sen cita previa Biblioteca Xosé Neira Vilas Concello de Vigo
16 Febreiro, 2021

Reapertura biblioteca

A Biblioteca Xosé Neira Vilas comunica a súa reapertura nos horarios e cos servizos habituais, e con prazas limitadas ao 30% de capacidade, a partir de mañá 17 de febreiro.
Contos Dakí: Celso Sanmartín - En liña

Contos Dakí: Celso Sanmartín – En liña

Contos Dakí é un ciclo no que nos visitan algúns dos contadores e contadoras de máis renome do panorama galego e internacional para deleitarnos cos seus contos rescatados da tradición oral, pero tamén da cotianidade que nos rodea. Son historias cheas de humor e retranca que de seguro non han deixar indiferentes a todas aquelas persoas que teñan o pracer de escoitalas. Nesta ocasión visítanos o contador Celso Sanmartín.

Mostra bibliográfica inimigo invisible

Mostra bibliográfica: Inimigo invisible

As novelas de espías forman xa un xénero literario que ten xerado magníficos títulos. Grandes autoras e autores como Agatha Christie o Phillip Kerr, Jonh le Carré ou Tom Clancy escribiron estupendos relatos cheos de confidentes e informadores que traspasaron as follas do libros e tomaron vida no cine e nas series de televisión.