Avelino González Contos Dakí Biblioteca Pública Xosé Neira Vilas

Contos Dakí: Avelino González

"Todo é porto. De partida ou de atraque" Avelino González iniciou un ano máis o ciclo de contos para público adulto Contos Dakí. Para este estreo de tempada contou historias, coma sempre, centradas na nosa cidade, pero nesta ocasión historias de xente que vén e vai de Vigo. Historias de amor frustradas pola distancia que deixa o Atlántico; historias tristes de xente que partía con débedas e que regresaba aínda con máis debido as mafias que xa funcionaban hai un século. Avelino tróuxonos a lembranza dos lugares xa desaparecidos da cidade como o Derby ou A Casa da Collona, onde ...Read More
Soledad Felloza Contos Dakí Biblioteca Neira Vilas

Contos Dakí: Soledad Felloza

Este mes de maio despedimos as sesións de Contos Dakí con Soledad Felloza, coa que reflexionamos sobre a importancia de recoller os relatos de tradición oral, que debemos conservar e evitar que desaparezan, pero tamén as historias de agora, ás que moitas veces non dámos importancia e que recollen as vivencias e experiencias vitais das persoas que agora habitamos o mundo. Así, conversando cun ancián que en Cabo Verde rexentaba un bar chamado Morella y política, Soledad reencontrouse con fotografías descoñecidas de seu pai que lle axudaron a completar a súa propia historia, algo fundamental para calquera persoa, e especialmente ...Read More
Contos Dakí Ángeles Goás Biblioteca Pública Municipal Xosé Neira Vilas

Contos Dakí: Ángeles Goás

Nesta nova sesión visitounos Ángeles Goás, á que dende a súa infancia gústalle contar do que lle contan, do que escoita e do que calou de nena. Así mesmo, deleitounos cunha serie de contos que lle foron relatados ao longo da súa vida. A maioría dos relatos estiveron ambientados no amor e sobre todo no erotismo, transportando así á audiencia a un mundo imaxinario cheo de humor.
María da Pontragha contos Dakí Biblioteca Pública Municipal Xosé Neira Vilas

CONTOS DAKÍ. MARÍA DA PONTRAGHA e MIGUELÓN PAZ

Nesta primaveral sesión de Contos Dakí, María da Pontragha, acompañada polo acordeón de Miguelón Paz, tróuxonos unha chea de novas historias que nos recordaron a importancia de saber de onde es, e que nos axudaron a coñecer tamén como é a xente dalí da Pontragha, ao parecer un tanto dada á esaxeración… Entre contos e cantigas fomos recordando como era a vida de antes e como é a de agora nas aldeas e os cambios que trouxeron avances como as estradas… ou mesmo as carretillas. Quedamos coma sempre con ganas de máis, e coa marabillosa voz de María resoando na ...Read More
Contos Dakí: Celso Fernández Sanmartín Biblioteca Pública Municipal Xosé Neira Vilas

Contos Dakí: Celso F. Sanmartín

A sesión de Contos Dakí do mes de febreiro coincidiu coa celebración do Día de Rosalía, polo que non podíamos deixar pasar a ocasión para que os versos da poeta se colasen entre as historias que desta vez nos trouxo Celso Sanmartín. "Vendéronlle os bois,vendéronlle as vacas,o pote do caldoi a manta da cama" Así comeza o poema "Pra a Habana", e nesas primeiras liñas están contidos algúns dos elementos que eran os piares da vida dos labradores: a importancia que tiñan as vacas e bois para a familia, o caldo como alimento contra a fame, a manta como acubillo… ...Read More
Contos Dakí: Avelino González

Contos Dakí: Avelino González

Unha nova sesión de Contos Dakí cun dos contadores “Residentes”, Avelino González, habitualmente as súas historias están ambientadas na cidade. Comezamos lembrando personaxes míticos da cidade, quen non recoñece a Tocho, coas súas características crónicas deportivas “O Celta empatou”, coñecemos a historia ao redor de Maximino, personaxe de principios de século XX, ao que lle dicían que tiña a gaita muda. Do incendio ocorrido na Porta do Sol, enlazamos cos pequenos comercios, situados debaixo da Praza Argüelles, que deron pé, a rocambolesca historia relacionada coa reloxería Antolín e o enterro dun reloxo nunha lata de sardiñas de Alfagueme. Do enterro ...Read More
Contos Dakí: Dani Blanco Biblioteca Pública Municipal Xosé Neira Vilas

Contos Dakí: Dani Blanco

Murmuraban as miñas veciñas Despedimos o 2023 con historrias chegadas directamente dende o Morrazo da man de Dani Blanco. Historias de mulleres de carácter, como a Cabuja, que despois de estar servindo en Madrid 10 anos regresou a Cangas co firme obxectivo de castelanizar o rural galego, ou a Ghavota, a fareira de Cabo Home que salvou do naufraxio a un barco tocando coa guitarra un solo de Jimi Hendrix. Veciñas con vidas fascinantes como a de Filomena, que montou o seu propio consultorio de adiviñación, ou a da avoa Luz, revolucionaria e guerrilleira, que ata coa súa morte foi ...Read More
Contos Dakí, Bea Campos. Biblioteca Pública Municipal Xosé Neira Vilas

Contos Dakí: Bea Campos

Marcho que teño que marchar Este mes en Contos Dakí visitounos a narradora e actriz Bea Campos, que por primeira vez na nosa biblioteca mudou de rexistro, deixando a un lado o público infantil e sorprendendo ao público adulto. En Marcho teño que marchar Bea espiuse de xeito emocional e a piques estivo tamén de facelo tamén fisicamente. Na sesión contounos como foi a súa infancia nos anos 80 nunha pequena aldea de Pontevedra e como foi crecer nunha familia algo peculiar e chea de mulleres bravas. Un percorrido entre chupitos de licor café das súas anécdotas vitais e familiares.
Contos Dakí, Caxoto. Biblioteca Pública Municipal Xosé Neira Vilas

Contos Dakí: Caxoto

Contos con mar de fondo Caxoto inagurou a nova tempada de Contos Dakí cunha sesión adicada ao mar, as súas xentes e a migración con estes "CONTOS DE MAR DE FONDO". Contos de Castelao que narran como os galegos sinten a patria en cada porto lonxe da casa. E como esa emigración, sobre todo en Arxentina foi a que sustentou parte da nosa cultura, as nosas escolas e as nosas familias. Historias das familias que quedaban na casa á espera das novas dos maridos e fillos embarcados e que escoitaban a "Radio Costeira", que servía de canle unidireccional para saber ...Read More
Paula Carballeira Contos Dakí, Biblioteca Pública Municipal Xosé Neira Vilas

CONTOS DAKÍ: Paula Carballeira

Paula Carballeira pechou este ano o ciclo de Contos Dakí, as sesións de contacontos para público adulto que cumpriu 10 anos e no que participaron grandes contadores e contadoras do panorama galego e tamén internacional. Para esta ocasión Paula escolleu contos de tradición europea e comparounos con contos similares da nosa tradición galega. Historias de "maldicións" nas que sempre che quitan máis do que che dan, historias de lavandeiras e sapos sabios e historias de princesas feas, pero feas. Finalizou a sesión con varias peticións do público dos seus grande éxitos (igualiño que nos grandes concertos).