Arrincamos o entroido este Xoves de Comadres cunha sesión da Hora dos Contos moi especial, na que nos acompañou o escritor camerunés Boniface Ofogo para traernos unha presiña de contos traídos do corazón de África.
Despois dunha animada presentación a ritmo de Zangalewa, Boni explicounos que vén dunha pequena aldea de Camerún na que cando era neno lles contaban contos ao chegar a noitiña. E así foi como aprendeu a historia do elefante que perdeu o seu ollo, que só foi quen de atopar cando recuperou a calma. Tamén a do León Kandinga, que morreu por non cumprir a súa palabra e negarse a compartir a comida coa lebre. Despedímonos de África “A paso de tartaruga”, para descubrir como os animais, hai moitos, moitos anos, deixaron de vivir nos pobos cos humanos e marvharon a vivir á selva, onde para sobrevivir hai que comer herba, beber uga, e durmir moito.