UN CONTO PARA DURMIR
“Unha presada de castañas” achegámonos ao magosto como a celebración da despensa chea, das colleitas, do trigo e do millo (e o pan), da uva (e o viño), do mel, da matanza (e os chourizos)… e por suposto das castañas.
Coa despensa a rebosar non queda senón facer unha festa… O MAGOSTO.
Tamen nos achegamos á veciña celebración do Samaín e contamos de Santas compañas, meigas, Sacaúntos, lobisomes, e de tantas persoaxes que segundo a nosa tradición pululan polos nosos camiños na noite… E cun conto da morte e outro conto de Mouchos que quixeran durmir deuse por rematada esta función outonal na que case se podía sentir as castañas asándose no lume.