Nada mellor para pasar unha tarde de contos na biblioteca que participar nunha muiñada organizada por Caxoto!
Con el fomos aprendendo so sons e ritmos do muíño, e entre historias de pulgas que acaban convertidas en raíñas de todos os animais e galos que teñen moi mala pata, aprendimos tamén como esquivar charcos ou apagar lumes, e xa de paso, os puntos básicos para bailar unha animada muiñeira!