Cris de Caldas regresou á biblioteca para contarnos Contos en lila, unhas historias para reflexionar sobre o mundo que queremos. Un mundo que non sexa nin azul nin rosa, se non unha mestura dos dous… un mundo lila.
Cris trouxo varias caixas máxicas das que, asistida polos seus axudantes, saíron contos marabillosos: carapuchiñas que non saben o seu conto, dragóns que parecen galos de curral, traballadoras en folga, princesas de pernas tortas e un neno chorón que provoca unha inundación.