A COR ROSA NON É UNHA COR…
Na nosa cita mensual cos máis pequenos da casa, Cris de Caldas achegounos unha chea de historias para reflexionar sobre a igualdade: puxemos mesa e mantel coa paxariña azul, acompañamos ao touro Ferdinando nas súas aventuras e gozamos con el dos campos repletos de flores, visitamos o planeta das cores e fomos testemuña de como un día as bonobas cansaron de aturar os bonobos e decidiron abandonar o bosque no que vivían para facer só o que realmente desexaban facer.