Circo na biblioteca
Dani Blanco interpretou o conto O gato lambón. Este gato comellón papou a unha morea de xente, unha vella, unha contorsionista, un malabarista, un lanzador de coitelos… ata que un día atopouse cun leñador, cunha machada cortouno pola metade, e así poideron sair todas da barriga, mais o gato era maltés e coma di o dito “O gato maltés, se o matas volve outra ves” e volveu papalos a todos.