“Casa, casiña, casona”
Neste espectáculo coñecemos ao redor de casas grandes, diminutas, casas que caben na man, casas-zapato, casas de fío, casas-maleta a casa ao pé da pedra furada, o pozo dos desexos e a diferente animaliños…
Pum, pum!
Quen é? Quen chama á miña casa, casiña, casona?
Teño tetos e un rabo e moito me gusta a herba do prado.
Un sesión de contos a través da lingua galega, dos primeiros cantos, xogos, cancións de dedos, trabalinguas, arrolos, poemas… que forxan os cimentos da casa que construimos ao longo das nosas vidas.
E sobre todo aprendimos que “nesta vida hai cousas que non se compran con cartos”.