Inauguaramos o mes de novembro coa Galica máxica que nos achegou Marta Ortiz
Unha Galicia chea de tradición oral e historias contadas ao redor da lareira, que desta vez cobraron vida grazas aos obxectos cos que nos foi sorprendendo Marta a cada paso.
Xigantes que non queren aceptar aos diferentes, monos que tratan de evitar a pelexa entre os lagartos da Carolina ou fantásticos recitados cos que exercitar a nosa memoria foron algúns dos ingredientes desta estupenda tarde de contos na biblioteca.