Nada mellor para pasar unha tarde de chuvia que facelo escoitando unha morea de contos da man de Bea Campos e Manuel Pombal, así que abrimos ben os ollos e as orellas para acompañar mergullanos nas súas historias… Seguimos ao Coelliño Branco na súa aventura para botar da súa casa á Cabra Cabresa, aprendimos que na casa todos debemos colaborar se non queremos acabar convertidos en porcos como os de Anthony Browne e acompañamos ao osiño Chispa á cama, que xa lle era hora de ir durmir.
Unha fantástica despedida das sesións da Hora dos Contos deste curso… Vémonos no Outono!!