Olalla e Marc encheron a nosa biblioteca de palabras e cores coa súa sesión de contos.
O Abecedario de Antonio Rubio tornouse en música coa voz de Olalla que nos presentou a fermosura do traballo deste gran coñecedor da LIX madrileño, ao tempo que amosaban as fermosas ilustracións de Óscar Villan que conforman o libro.
A continuación Marc e Olalla mostraron o seu traballo, contando e ilustrando un dos clásicos que máis nos gusta nesta biblioteca: “Garavanciño”. E así todos puidemos participar cantando xunto a Garavanciño:
” Pachin, pachán, pachón, moito coidado co que facedes…
pachín, pachán, pachón, a Garavanciño non pisedes…”.
Máis tarde axudamos a que o pequeno “Artur” saíse do seu ovo e descubrise as cousas tan fermosas que hai ao noso arredor e que non hai ten que ter medo delas.
Para finalizar esta sesión tan orixinal, rematamos con outro clásico “Os chivos chivóns”, e descubrimos como enfrontarse a un ogro moi malo, malísimo.