A Orixe
Queliña, a exploradora, viaxou ata os confíns da terra para traernos historias de diferentes partes do mundo.
Viaxou ata África, e percorrendo o continente chegou ata Namibia, onde escoitou un conto tradicional co que os antigos intentaban explicar o que non entendían. Foi así como naceu a historia de Madisú e como conseguiu que nacesen as estrelas e a chuvia.
Continuou a súa viaxe cara oriente e, facendo unha parada en China para tomar unha infusión, escoitamos a historia que sucedeu no río Amarelo, tamén chamado Huáng Hé, onde un vello e unha serpe discutiron por saber cal era a carne máis saborosa.
A última parada foi nunha illa case descoñecida das Illas Mauricio, onde nos atopamos cun becho moi raro e xa extinto que aparece no conto de Alicia no país das marabillas… sabedes de que animal se trata?