Nesta ocasión acompañounos na Hora dos Contos Raquel Queizás coas súas Historias do Tendal.
Colgadas no tendal, as letras senten o sol a facerlles cóxegas e bailan unhas coas outras. A roupa tamén quere xogar como elas xogan: as pinzas axudan a un pano a medrar até se converter nunha montaña, unha toalla foxe correndo entre as cordas…
Un espectáculo que xoga a tensar os límites entre os contacontos, os títeres e a pantomima, e con eles as fronteiras da imaxinación máis alá do escenario, case nada é o que parece.