Comezamos a xornada xogando un bingo no que o público xuvenil que nos visitaba ía conseguindo puntos para logo cambialos por “diñeiro”. Despois de rematar o xogo cada un tiña que facer contas dos puntos obtidos e co resultado facíaselles un cheque do mesmo valor. Con ese “diñeiro” podían poxar nunha poxa polos libros que quixesen.