Na biblioteca pasámolo xenial co obradoiro “Conservas O Noso”, unha actividade creativa, divertida.
Xuntámonos para envasar tradicións e meter en latas todo aquilo que forma parte da nosa identidade galega: desde contos que nos contaban as avoas ata festas, xogos e costumes do día a día.
Os nenos e nenas que participaron escolleron tradicións que lles tocaban o corazón, reflexionaron sobre o seu valor e deronlles forma con ilustracións e collages cheos de cor e imaxinación. Cada lata é única e conta unha pequena historia do noso patrimonio.
Foi unha explosión de creatividade cun fondo moi especial: conservar a nosa cultura para o futuro.
Aprendemos tamén un pouquiño da historia das conservas galegas, que é fascinante e forma parte do noso ADN mariñeiro.
Cada quen levou a súa creación para a casa. Porque o noso patrimonio tamén se pode compartir…








