A Hora dos contos Caxoto Biblioteca Pública Municipal Xosé Neira Vilas Concello de Vigo

A hora dos contos: Caxoto

Nesta ocasión visitou a biblioteca o Doutor Tilla de Patacas, que ademáis de loitar contra o virus e ameazar con facernos a todos unha PCR (coa escobilla do váter! ), confesounos que tamén se adicaba a contar historias. Así soubemos de Laura, unha nena que soñaba con converterse en pirata e que o día do seu cumpleanos tivo que buscar por todo o seu pobo un tesouro moi moi especial!

Biblioteca Pública Municipal Xosé Neira Vilas Concello de Vigo

Xosé Neira Vilas – Memorias dun neno labrego

O 24 de marzo de 2011 abría as portas por primeira vez a biblioteca. Ese día tivemos a sorte de contar con Xosé Neira Vilas para que inaugurase a biblioteca que leva o seu nome, nesa mesma xornada Cándido Pazó realizou un breve fragmento da adaptación da obra Memorias dun neno labrego, que ese mesmo ano celebraba 50 anos da súa primeira publicación en Buenos Aires

Báilatelo sola 8M Biblioteca Pública Municipal Xosé Neira Vilas Concello de Vigo

Mostra bibliográfica: 8 de marzo

O 8 de marzo celébrase o Día Internacional da Muller e para reivindicalo y darlle visibilidade, durante este mes realizamos unha mostra na biblioteca na que reunimos material bibliográfico e audiovisual que trate sobre a muller e a súa loita pola igualdade de oportunidades na sociedade e no seu desenvolvemento íntegro como persoa. Marzo Do 1 ao 30 de marzo Horario de apertura da biblioteca Lista bibliográfica Lembrade que podedes consultar todas as obras en sala ou levalas para casa en préstamo. máis información