DÍA DAS ESCRITORAS: V EDICIÓN: EL ESFUERZO COTIDIANO DE LAS MUJERES

V EDICIÓN DÍA DAS ESCRITORAS: El esfuerzo cotidiano de las mujeres

Hoxe celebramos o Día da Escritoras, unha iniciativa que a BNE organiza en colaboración coa Federación Española de Mujeres Directivas, Ejecutivas, Profesionales y Empresarias ( FEDEPE) e coa Asociación Clásicas y Modernas, co obxectivo de reivindicar o labor e o legado das escritoras ao longo da historia.

Terrazas de verán Avelino González Biblioteca Neira Vilas

Terrazas de verán: Avelino González

Despois de varios meses regresou un dos nosos contadores máis queridos á biblioteca. Avelino preparou unha sesión de “medo”, pero non foron contos de terror o que escoitamos senón historias de como superar os nosos medos. Contounos por exemplo a historia dos dragóns, ou mellor dito das Cocas, que rodean Vigo. Unha historia moi diferente á que temos escoitado desta tradición medieval, xa que a bicha tiña outras intencións para as rapazas que lle entregaban como tributo. Actividade realizada en colaboración co SNL

Terrazas de verán Paula Carballeira Biblioteca Neira Vilas Concello de Vigo

Terrazas de verán: Paula carballeira

Foi un pracer como sempre contar con Paula Carballeira, que nesta ocasión veu contarnos historias para os máis pequenos da casa. Atrapamos no aire contos de aquí cerquiña, como o do río da Bruxa, ou de moi lonxe, de África, como a historia que explica por que a picadura da mosca tsé-tsé provoca un sono profundo…