Nesta nova sesión de Entre arrolos e contiños, a maxia chegou á biblioteca da man de Bea e Alicia. Bea trouxo as palabras e Alicia puxo a música, acompañando cada conto co son do acordeón… e tamén cun misterioso instrumento chamado handpan, que nos sorprendeu a todas...
O pasado venres 30 de maio na biblioteca gozamos dunha nova sesión do ciclo Contos Dakí, unha proposta pensada para todas aquelas persoas que gozan da palabra contada, das historias con xeito e do humor coa retranca que nos caracteriza. Nesta ocasión visitounos...
Nesta nova sesión de A hora dos contos, acompañounos na biblioteca Silvia Penide, que veu contar e cantar o seu libro “Diferentes diferenzas”. Presentounos aos seus amiguiños, uns personaxes moi singulares: desde un galo mudo que mercou unha trompeta para traballar de...
A biblioteca Neira Vilas enchéuse dos contos de Celso Sanmartín, sempre cheos de retranca e sempre contando coas nosas raíces galegas. Nesta ocación deleitounos con contos dos seus amigos/as e compañeiros/as portugueses/as polo 25 de abril, festexando dalgún modo esta...
Na última sesión de A hora dos contos, a nosa biblioteca encheuse de maxia, cantigas e moitas risas grazas á compañía Pavís Pavós, formada por Terexa e Xacobe. A actividade estivo destinada a crianzas maiores de tres anos, que gozaron dunha tarde chea de historias...
Esta tarde seguimos a nosa programación de Contos Dakí, aínda que contamos coa presenza da borrasca Martinho, o público non deixou de asistir para escoitar a un dos grandes narradores da cultura galega. Nesta sesión comezamos co oficio máis antigo do mundo enlazando...