Contos Dakí: Avelino González
Onte, na nosa cita mensual cos Contos Dakí, e en véspera do Día Mundial do Teatro, visitounos un dos grandes da escena galega: Avelino González
Onte, na nosa cita mensual cos Contos Dakí, e en véspera do Día Mundial do Teatro, visitounos un dos grandes da escena galega: Avelino González
O 24 de marzo de 2011 abría as portas por primeira vez a biblioteca. Ese día tivemos a sorte de contar con Xosé Neira Vilas para que inaugurase a biblioteca que leva o seu nome, nesa mesma xornada Cándido Pazó realizou un breve fragmento da adaptación da obra Memorias dun neno labrego, que ese mesmo ano celebraba 50 anos da súa primeira publicación en Buenos Aires
Hoxe acompañounos na Hora dos contos a gran Paula Carballeira, para achegarnos unha chea de historias nas que os animais foron os protagonistas
Onte en Contos Dakí, Vero Rilo compartiu con nós unha chea de contos e historias de vida, desas contadas dende a emoción e que agochan boas dosis humor, pero tamén de sabedoría…
Olalla González e Marc Taeger voltaron hoxe á biblioteca para compartir con nós unha sesión cargada de contos
A hora dos contos é un proxecto de animación á lectura no que nos visitan diferentes artistas coas súas maletas cargadas de historias, co fin de fomentar entre o público máis pequeno o gusto polos libros e a lectura. Este mes de xaneiro visitounos Caxoto. Esta actividade foi retransmitida en liña.
Contos Dakí é un ciclo no que nos visitan algúns dos contadores e contadoras de máis renome do panorama galego e internacional para deleitarnos cos seus contos rescatados da tradición oral, pero tamén da cotianidade que nos rodea. Son historias cheas de humor e retranca que de seguro non han deixar indiferentes a todas aquelas persoas que teñan o pracer de escoitalas. Nesta ocasión visítanos o contador Celso Sanmartín.
Esta tarde tivemos a sorte de degustar os mellores callos de Ribeira acompañados con galletas campurrianas; aínda que a combinación non pareza moi apetecible, a maridaxe foi perfecta.
Esta tarde de venres pasámolo xenial coas historias de Raquel Queizás; contos que trataban dun dos protagonistas máis relevantes do conto popular en Galicia, un animal listo, pícaro e que sempre sae ben parado de toda situación complicada: o raposo
Este venres estivo na biblioteca María da Pontragha acompañada pola arpista Bleuenn Le Friec para ofrecernos unha mestura de música e contos.