Paula Carballeira Contos Dakí Biblioteca Pública Municipal Xosé Neira Vilas

Contos Dakí: Paula Carbelleira

Paula Carballeira deleitounos cunhas historias cheas de pantasmas, pandeiretas, lobos e moralexas Non debes facer caso ás reprimendas do teu marido morto, así como non debes levar para casa unha caveira que recolles polo camiño e, sobre todo, se petan na túa porta ben entrada a noite non abras, mais abre un chisco a xanela, non vaia ser que sexa a morte que ven levar unha alma.

Contos Dakí: Avelino González

Contos Dakí: Avelino González

Unha nova sesión de Contos Dakí cun dos contadores “Residentes”, Avelino González, habitualmente as súas historias están ambientadas na cidade. Comezamos lembrando personaxes míticos da cidade, quen non recoñece a Tocho, coas súas características crónicas deportivas “O Celta empatou”, coñecemos a historia ao redor de Maximino, personaxe de principios de século XX, ao que lle dicían que tiña a gaita muda. Do incendio ocorrido na Porta do Sol, enlazamos cos pequenos comercios, situados debaixo da Praza Argüelles, que deron pé, a rocambolesca historia relacionada coa reloxería Antolín e o enterro dun reloxo nunha lata de sardiñas de Alfagueme. Do enterro […]