Contos da Lingua
Sesión de contos para tódolos públicos a cargo das alumnas e alumnos do CIOV, o Centro de Interpretación da Oralidade de Vigo creado polo Servizo de Normalización Lingüística (SNL) do Concello de Vigo
Contos Dakí é un ciclo no que nos visitan algúns dos contadores e contadoras de máis renome do panorama galego e internacional para deleitarnos cos seus contos rescatados da tradición oral, pero tamén da cotianidade que nos rodea. Son historias cheas de humor e retranca que de seguro non han deixar indiferentes a todas aquelas persoas que teñan o pracer de escoitalas.
Sesión de contos para tódolos públicos a cargo das alumnas e alumnos do CIOV, o Centro de Interpretación da Oralidade de Vigo creado polo Servizo de Normalización Lingüística (SNL) do Concello de Vigo
María da Pontragha contou os contos de sempre, os dos vellos e os dos novos, os contos da vida cotiá, a dos pobos galegos onde a oralidade é moi importante
Aínda que o refrán di que “en abril, augas mil”, este mes poidemos gozar da sesión de Contos Dakí ao calorciño na nosa terraza, na compaña inestimable de Brais das Hortas, que nos trouxo o seu repertorio de contos de defuntos
Cris de Caldas, unha das nosas contadoras habituais na sesións de contos infantís, hoxe estreouse no Ciclo Contos Dakí, e que mellor forma de facelo que tecendo un fío entre os contos da súa avoa Carmela e Dona Emilia
Paula Carballeira levounos de viaxe por media Europa coñecendo coas súas palabras e os seus contos a habilidade e a pericia dalgúns para escapar do perigo ou para conseguir o que desexan
Aproveitando a chegada do tren a Ourense e o Primark a Vigo, os contos de hoxe tiveron un fío condutor ferroviario.
Na biblioteca volvemos a gozar cunha nova sesión de Contos Dakí, desta vez da man de Celso Sanmartín. A velada foinos levando dun tema a outro, dende os métodos da logopedia tradicional como eran os trabalinguas, a historias da emigración
Ángeles Goás regresou a Contos Dakí para agasallarnos cos contos de Provecende, de Quende, de Villarente… contos de mulleres e de homes, de sabios e de parvos, de risa e de pranto.
Inauguramos a nova tempada de Contos Dakí con Quico Cadaval, que nos contó historias de defuntos ambientadas, como é habitual, na comarca do Barbanza
Para pechar este tempada (singular) de Contos Dakí aproveitamos que quentaba un pouco o sol e saímos a nosa terraza Liber para gozar o máximo posible desta sesión de contos realizada por Xurxo Souto