Contos Dakí: Paula Carballeira
Pazos encantados, mulleres lobo, historias de amor que trascenden este mundo….
Contos Dakí é un ciclo no que nos visitan algúns dos contadores e contadoras de máis renome do panorama galego e internacional para deleitarnos cos seus contos rescatados da tradición oral, pero tamén da cotianidade que nos rodea. Son historias cheas de humor e retranca que de seguro non han deixar indiferentes a todas aquelas persoas que teñan o pracer de escoitalas.
Pazos encantados, mulleres lobo, historias de amor que trascenden este mundo….
O noso narrador que vén de máis lonxe Un ano máis nos visitou na sesión de contos Dakí, Yoshi Hioki. Agardamos a próxima visita!
Bo tándem o de Vero e Sonsoles, narración e música
Hoxe volveu Avelino González aos “Contos Dakí” para contar unha chea de historias… e entre elas alguna de Neira Vilas
Hoxe iniciamos contos Dakí Para a primeira sesión de Contos Dakí, contamos con Felipe Caxoto, un dos nosos contadores habituais, gozamos dunha chea de historias, ben divertidas. Quedámonos con ganas de máis! Teremos que esperar á seguinte visita de Caxoto á biblioteca.