A hora dos contos: Xarope Tulú. Bichocas
Esta sesión da Hora dos contos estivo chea de bechos
A hora dos contos é un proxecto de animación á lectura no que nos visitan diferentes artistas coas súas maletas cargadas de historias, co fin de fomentar entre o público máis pequeno o gusto polos libros e a lectura.
Esta sesión da Hora dos contos estivo chea de bechos
Este venres visitou a biblioteca “La compañía espectacular” para presentarnos uns seres fantásticos, descoñecidos e invisibles para os nosos ollos, Os Nunkis.
Este ano comezamos o ciclo de A Hora dos Contos con moita maxia da man do Mago Paco. O noso mago explicou ao público máis cativo todo o preciso para facer maxia: Unha variña: pode ser de calquera tamaño ou de calquera cor. Aínda que a dun verdadeiro mago sempre é branca e negra (que non confundir cunha cebra que tamén son das mesmas cores) Un sombreiro: Hai milleiros de sombreiros diferentes pero o dun auténtico mago é unha chistera onde pode vivir unha familia enteira de coellos. e unhas palabras máxicas: As auténticas palabras máxicas son “Patapatun tun tun!!”
Pavís pavós regresou á biblioteca coas maletas cheas de contos e cantigas para cativar a grandes e pequenos/as.
Día das Letras Galegas 2023
Con motivo da celebración do Día do Libro, contamos na Hora do Contos cunha invitada moi especial na biblioteca, Atenea García, e o seu espectáculo ”Roupa Tendida”.
Historias desde o outro lado da raia
A Cris de Caldas encántanlle os contos e o chocolate. Ou o chocolate e os contos, tanto ten. Pero tamén lle gusta a mortadela, como a que levaba o bocadillo que polas tardes lle preparaba de nena a súa avoa Carmela
Olalla e Marc encheron a nosa biblioteca de palabras e cores coa súa sesión de contos
Nada mellor para pasar unha tarde de contos na biblioteca que participar nunha muiñada organizada por Caxoto!