“Me juré no tener ningún amo, ser pájaro libre y lo he cumplido”.
Con estas palabras recordaba Sara Montiel a súa vida, figura á que nos achegamos estes días, dentro do programa de actividades que organizamos cos usuarios e usuarias de Afaga.
Repasamos así os sus primeiros pasos aínda como María Antonia, ata convertirse en toda unha estrela en México e no Hollywood dos anos 50. Establecida de novo en España, Sara Montiel triunfou con películas como “El último cuplé” ou “La violetera”, converténdose nunha das actrices mellor pagadas do mundo e inmortalizando temas como “El relicario”, “Fumando espero”, “La polichinela”, “Bésame mucho” e un longo etcétera.
Cun legado artístico de máis de 50 películas e 900 cancións gravadas, Sara Montiel, Saritísima, foi unha das artistas máis queridas polo público, como ben puidemos comprobar nestas sesións con grupos de Afaga, cos que non nos resistimos a cantar algúns dos seus grandes éxitos para rematar completando un rosco de pasabalabra “purísimo Sara”.
Sesións:
Mércores, 29 de novembro
Xoves, 30 de novembro
Venres, 1 de decembro