Unha presa de contos de mulleres bravas!
María da Pontragha chegou á biblioteca preparada para facernos pasar unha xornada inolvidable neste 25N acompañada de Miguelón Paz e a música do seu acordeón.
María e Miguel contaron unha chea de contos protagonizados por mulleres, mulleres que loitaron pola súa liberdade e por vivir a súa vida como e con quen quixeron.