Paula Carballeira pechou este ano o ciclo de Contos Dakí, as sesións de contacontos para público adulto que cumpriu 10 anos e no que participaron grandes contadores e contadoras do panorama galego e tamén internacional.
Para esta ocasión Paula escolleu contos de tradición europea e comparounos con contos similares da nosa tradición galega. Historias de “maldicións” nas que sempre che quitan máis do que che dan, historias de lavandeiras e sapos sabios e historias de princesas feas, pero feas.
Finalizou a sesión con varias peticións do público dos seus grande éxitos (igualiño que nos grandes concertos).