Contos de enxeño
Paula Carballeira levounos de viaxe por media Europa coñecendo coas súas palabras e os seus contos a habilidade e a pericia dalgúns para escapar do perigo ou para conseguir o que desexan.
Comezamos a viaxe en Armenia cun conto tradicional explicando as oportunidades que ás veces che ofrece a vida e que deixamos pasar sen decatarnos.
Continuamos a nosa viaxe en Centroeuropa cunha versión da lenda de Barba Azul para chegar á nosa casa, aos Contos Dakí, onde o enxeño non falta xa sexa en fábulas, contos de peixeiras con moito xenio, labradoras con moito pronto ou nas historias que contaba o avó de Xela Arias.