Este mes de maio despedimos as sesións de Contos Dakí con Soledad Felloza, coa que reflexionamos sobre a importancia de recoller os relatos de tradición oral, que debemos conservar e evitar que desaparezan, pero tamén as historias de agora, ás que moitas veces non dámos importancia e que recollen as vivencias e experiencias vitais das persoas que agora habitamos o mundo.
Así, conversando cun ancián que en Cabo Verde rexentaba un bar chamado Morella y política, Soledad reencontrouse con fotografías descoñecidas de seu pai que lle axudaron a completar a súa propia historia, algo fundamental para calquera persoa, e especialmente para aquelas que perderon aos seus seres queridos sen saber o que lles aconteceu, como as nais dos desaparecidos nas dictaduras militares arxentina ou uruguaya, e que seguen a deixar as portas e fiestras das súas casas abertas por se algún día regresan…
A través de relatos de Eduardo Galeano, José Mauro de Vasconcelos ou Stefano Benni fomos achegándonos a esas historias vitais, esas que transforman ou revolucionan a vida dunha persoa ou todo un pobo, como pode ser a chegada do cine a unha vila, no que os sábados programan as películas dun tal “Adult Only”.
En definitiva, un fantástico peche de tempada co que nos despedimos ata o mes de outubro.