Hoxe tivemos o pracer de contar con Soledad Felloza, que nos contou as historias da vida, da súa vida cotiá, da de agora e da de antes: a súa nai, o seu pai, a súa avoa, a súa infancia no Urugai e as súas propias experiencias: o seus zapatos Bergantiños (feitos por un emigrante galego), as súas visitas ao médico na Casa de Galicia, o autobús do colexio de don Xosé (outro emigrante galego)…