Hoxe en Contos Dakí, Vero Rilo compartiu con nós unha chea de contos e historias de vida, desas contadas dende a emoción e que agochan boas dosis humor, pero tamén de sabedoría…
Historias como as da visaboa da propia Vero, que sempre contaba que hai que dicir as cousas que non gustan; de Carmen a murciana, que conseguiu que o seu Bastián cumplise a palabra que lle dera (polo menos en parte); da señora Elvira, que cos seus dous dentes, tres pelos e 1 almorrana compartía con quen o precisase o pouco que tiña; ou a historia das lavandas da señora Antonia, ás que hai que adicarlles o tempo xusto dos coidados, como ás historias, para que a memoria non morra.