Unha vez máis a biblioteca deséxavos boas lecturas para o próximo ano.
A ilustración deste ano é do artista vigués Peri Helio.
Nacido en Vigo no ano 1983. Licenciado en matemáticas na especialidade de astronomía. De formación autodidacta, a súa traxectoria pictórica nace estreitamente ligada á arte urbana e ao espazo público.
Comeza a súa carreira artística no ano 2000, pero é no 2005 cando o artista adquire unha linguaxe propia que define o seu actual estilo.
A partir de entón, comeza a crear un universo particular, de carácter onírico e sorprendente cargado de asociacións simbólicas.
Se queredes profundar máis na arte urbana da cidade, recomendámosvos o seguinte libro dispoñible na biblioteca.