Hoxe 23 de abril celébrase o Día Internacional do Libro
Co obxectivo de fomentar a lectura, a industria editorial e a protección da propiedade intelectual a través dos dereitos de autor.
Con este pequeno vídeo o equipo da Biblioteca Pública Municipal Xosé Neira Vilas queremos conmemorar o Día do Libro, nestas excepcionais circunstancias que vivimos. É unha selección de textos libre de cada un de nós, lecturas que nos acompañan nestes días estraños e coas que agardamos desfrutedes.