Escribir para niños y niñas de 9 a 99 años
O autor chileno Marcelo Simonetti estivo viaxando por España para presentar o seu libro “Os migrantes” editado por Kalandraka. Un fermoso álbum destinado aos máis pequenos da casa onde se trata o tema da emigración dende o descoñecemento, o medo, a ilusión e a inocente mirada da infancia.
Neste viaxe Simonetti detívose na biblioteca para falarnos da literatura infantil escrita para nenos e nenas de entre 9 e 99 anos. De como calquer tema pode ser tratado nos libros infantís e como estes podenser útiles para iniciar un diálogo entre o neno e o adulto. Como exemplo falaunos deste libro de Os Emigrantes e tamén doutro dos seus libros, “Marta y el mar”, onde conta dun xeito poético e fermosísimo un dos episodios máis duros da recente historia de Chile, a desaparición e o asesinato de Marta Ugarte durante a ditadura militar.
Por iso a necesidade deste autor para escribir para infancia, tal e como el mesmo explica:
“Hay tanta arrogancia, tanta sed de poder, tanta necesidad de imponer la propia verdad en el mundo de los adultos que es preciso volver la mirada a los niños y las niñas. El futuro, más que nunca, les pertenece”.