Data/hora
Data(s) - 15/12/2023
Hora 18:00 - 19:00
A hora dos contos: Raquel Queizás: A orixe
A hora dos contos é un proxecto de animación á lectura no que nos visitan diferentes artistas coas súas maletas cargadas de historias, co fin de fomentar entre o público máis pequeno o gusto polos libros e a lectura. Este mes de decembro visítanos Raquel Queizás coa súa proposta A Orixe.
A orixe
A neta de Nicolás e o seu amigo – o músico rariño – achégannos ao mundo dos Nunkis, desvelando o secgredo tan ben gardado do avó…
Unha exploradora chega á biblioteca co afán de compartir as narracións escoitadas nas súas expedicións ao longo do mundo. Ante os ollos dun público participativo, a exploradora dramatizará diferentes lendas, contos e mitos, coa axuda dalgúns pequenos tesouros recollidos nas súas viaxes.
A orixe é unha recolleita de lendas, mitos e contos da tradición oral de diferentes culturas do mundo. Estas historias teñen un dobre propósito. Por un lado, son unha forma de educar aos máis novos (os contos están protagonizados por animais personificados que se debaten entre o uso da forza bruta e o emprego da intelixencia para a resolución dos conflitos). Doutra banda, moitas destas lendas buscan describir e explicar a orixe do mundo e o lugar que o home ocupa nel, fomentando o respecto pola natureza.
“No comenzo non existía nin o día nin a noite…”
Idade
Público infantil dende 3 anos
Prazas
Esta actividade é sen inscrición. Entrada libre ata completar aforo.
Ubicación
Biblioteca Pública Municipal Xosé Neira Vilas