
Data/hora
Data(s) - 25/01/2025
Hora 11:00 - 12:30
Club de lectura xuvenil
O club de lectura xuvenil é unha iniciativa coa que queremos achegar a biblioteca a este público e gozar do tempo libre do verán cun bo libro entre as mans.
Nesta actividade realizarase o comentario de obras de distintos xéneros literarios nun ambiente distendido, procurando o lado formativo e á vez, lúdico da lectura.

Idade
Público infantil dende 12 anos.

Prazas
Aforo limitado.

Inscrición
A partir do 17 de decembro
A inscrición pode facerse de forma presencial na biblioteca, mandando un correo electrónico a bpneiravilas@vigo.org indicando os seus datos (nome e apelidos, idade, enderezo, teléfono e correo electrónico) ou ben a través do teléfono 986 267 759. A actividade é gratuíta e as prazas cóbrense por orde de inscrición.

Ubicación
Biblioteca Pública Municipal Xosé Neira Vilas