
Data/hora
Data(s) - 04/09/2025
Hora 19:30 - 20:30
Concerto de Áureas
Aureas é un conxunto internacional dos anos 20 no que cordas, ventos e percusión interpretan os ritmos bailables de moda a comezos do século pasado. En escena veremos unha arxentina, unha polaca, unha brasileira e unha galega unidas por un sentido común: a música, a emigración e a necesidade de sentirse libres. Unha charanga dos anos 20 cunha coidada selección de composicións desa época que inclúe polcas, ritmos brasileiros, galegos…O público poderá bailar, recordar, gozar e viaxar con nós a eses alegres anos..

Prazas
Esta actividade é sen inscrición. Entrada libre ata completar aforo.
Ubicación
Biblioteca Pública Municipal Xosé Neira Vilas