Data/hora
Data(s) - 25/03/2022
Hora 19:30 - 20:30
CONTOS DAKÍ: Cris de Caldas
Contos Dakí é un ciclo no que nos visitan algúns dos contadores e contadoras de máis renome do panorama galego e internacional para deleitarnos cos seus contos rescatados da tradición oral, pero tamén da cotianidade que nos rodea. Son historias cheas de humor e retranca que de seguro non han deixar indiferentes a todos aqueles que teñan o pracer de escoitalas. Nesta ocasión visítanos a narradora Cris de Caldas cunha sesión de contos adicados á escritora Emilia Pardo Bazán.
Prazas
Aforo limitado.
Inscrición
A partir do 10 de marzo ás 10.30 h
A inscrición pode facerse de forma presencial na biblioteca, mandando un correo electrónico a bpneiravilas@vigo.org indicando os seus datos (nome e apelidos, idade, enderezo, teléfono e correo electrónico) ou ben a través do teléfono 986 267 759. A actividade é gratuíta e as prazas cóbrense por orde de inscrición.
Medidas seguridade extraordinarias COVID-19
Tomaránse as medidas sanitarias precisas seguindo as normativas vixentes
-
- Uso obrigatorio da máscara en todo momento
- Uso obrigatorio do xel hidroalcohólico para desinfección de mans ou uso de luvas desbotables
- Manter a distancia de seguridade nos desprazamentos
- Entrada e saída graduadas, seguindo as indicacións do persoal da biblioteca
- Aforo limitado
- Asentos asigandos
- Rexistro das persoas asistentes
- Non poderán acceder ao recinto as persoas con síntomas compatibles coa COVID-19 ou ben aquelas que estivesen en contacto directo cunha persoa contaxiada
As persoas que non cumpran coas normas sanitarias deberán abandonar a actividade.
Se as condicións sanitarias son adversas estas actividades poden adiarse, manténdose as inscricións
Ubicación
Biblioteca Pública Municipal Xosé Neira Vilas