
Data/hora
Data(s) - 29/11/2024
Hora 19:30 - 20:30
Contos Dakí: Paula Carballeira
Contos Dakí Contos Dakí é un ciclo no que nos visitan algúns dos contadores e contadoras de máis renome do panorama galego e internacional para deleitarnos cos seus contos rescatados da tradición oral, pero tamén da cotiandade que nos rodea. Son historias cheas de humor e retranca que de seguro non han deixar indiferentes a todas aquelas persoas que teñan o pracer de escoitalas. Nesta ocasión visítanos a contadora Paula Carballeira.

Prazas
Esta actividade é sen inscrición. Entrada libre ata completar aforo.

Ubicación
Biblioteca Pública Municipal Xosé Neira Vilas