Data/hora
Data(s) - 28/05/2021
Hora 19:30 - 20:30
Contos Dakí: Xurxo Souto
Contos Dakí é un ciclo no que nos visitan algúns dos contadores e contadoras de máis renome do panorama galego e internacional para deleitarnos cos seus contos rescatados da tradición oral, pero tamén da cotianidade que nos rodea. Son historias cheas de humor e retranca que de seguro non han deixar indiferentes a todas aquelas persoas que teñan o pracer de escoitalas. Nesta ocasión visítanos o escritor e músico Xurxo Souto.
Hai trinta anos Xurxo Souto comezou a percorrer Galiza co seu conxunto: Os Diplomáticos de Monte-Alto.
Moi ben o pasou e -sobre todo- moitas historias aprendeu.
Reuniu oitenta delas nun libro “Pangalaica”, caixa de música de onde sairán as paroladas que vai botar na biblioteca.
Petiscos cheos de humor que acaban conformando unha cosmovisión alternativa do país:
É mentira a fronteira entre o rural e o urbano. Todas somos da aldea. Vigo e mais A Coruña son a mesma cidade!
Non vivimos na fin da Terra, nós somos o centro do Mar! Presenza profunda que nos chama na alta madrugada, cando cala o boureo dos seres humanos e só se escoita a súa voz. Na Coruña di: Orzán! En Vigo repite: Berbés, Berbés !
Prazas
Aforo limitado.
Inscrición
A partir das 10.30 h do 4 de maio
A inscrición pode facerse de forma presencial na biblioteca, mandando un correo electrónico a bpneiravilas@vigo.org indicando os seus datos (nome e apelidos, idade, enderezo, teléfono e correo electrónico) ou ben a través do teléfono 986 267 759. A actividade é gratuíta e as prazas cóbrense por orde de inscrición.
Medidas seguridade extraordinarias COVID-19
Tomaránse as medidas sanitarias precisas seguindo as normativas vixentes
-
- Uso obrigatorio da máscara en todo momento
- Uso obrigatorio do xel hidroalcohólico para desinfección de mans ou uso de luvas desbotables
- Manter a distancia de seguridade nos desprazamentos
- Entrada e saída graduadas, seguindo as indicacións do persoal da biblioteca
- Aforo limitado
- Asentos asignados, cun perímetro de seguridade de 1,5 m, salvo persoas conviventes
- Sinalización informativa (carteis informativos e adhesivos no chan)
- Rexistro dos asistentes, coa información de contacto, en caso de solicitude por parte das autoridades sanitarias
- Non poderán acceder ao recinto as persoas con síntomas compatibles coa COVID-19 ou ben aquelas que estivesen en contacto directo cunha persoa contaxiada
As persoas que non cumpran coas normas sanitarias deberán abandonar a actividade.
Se as condicións sanitarias son adversas estas actividades poden adiarse, manténdose as inscricións
Ubicación
Biblioteca Pública Municipal Xosé Neira Vilas