Data/hora
Data(s) - 26/05/2022
Hora 19:30 - 20:30
DÍA DE ÁFRICA: percusión e danza africana
Cada 25 de maio conmemórase a creación da Unión Africana, única organización á que pertencen todos e cada un dos países do continente
O grupo de Percusión Africana MaliSira comeza a xestarse nunha iniciativa por parte da bailarina Itzzy Mousso de facilitar un primeiro curso de Percusión co gran mestre Toumany Diawara no ano 2014. Xa nesa primeira experiencia, o percusionista atopa un grupo de persoas moi interesadas na cultura e músicas malienses coas cales seguirá tendo forte relación en diversas andainas en Galicia.
Por outra banda, os membros do grupo residentes en Vigo e arredores continúan facendo concertos, cursos e traballo de campo sobre o aprendido, ademais de contar cunha ampla traxectoria de máis de 15 anos tocando os instrumentos da tradición Africana.
Aproveitando as viaxes de Toumany Diawara a Vigo, o que se pretende dende Malisira, é dinamizar a un colectivo de persoas que lles guste a música e danza de Mali, aprendendo, compartindo e gozando xuntas.
MaliSira
O grupo está formado por:
Jesús Rodríguez: Djembe
Roi Adrio: Djembe
Carlos Docampo: Doundouns
Toumany Diawara: Djembe, Ngoni
Itzzy Mousso: Danza
Idade
Público adulto.
Prazas
Aforo limitado.
Inscrición
A partir do 3 de maio ás 10.30 h
A inscrición pode facerse de forma presencial na biblioteca, mandando un correo electrónico a bpneiravilas@vigo.org indicando os seus datos (nome e apelidos, idade, enderezo, teléfono e correo electrónico) ou ben a través do teléfono 986 267 759. A actividade é gratuíta e as prazas cóbrense por orde de inscrición.
Ubicación
Terraza Biblioteca