Club de lectura xuvenil
O club de lectura xuvenil é unha iniciativa coa que queremos achegar a biblioteca ao público mozo e compartir o pracer de ler cun bo libro entre as mans. Nun ambiente relaxado e participativo, comentaranse obras de distintos xéneros literarios, combinando o lado formativo da lectura co seu valor lúdico e inspirador.