• Contacontos “O año que é un porquiño”. Avante Vigo

    Biblioteca Pública Municipal Xosé Neira Vilas Avda. Martínez Garrido, 21, Vigo, Pontevedra, Spain

    Este mes de xuño, a biblioteca súmase á celebración do Día do Orgullo cunha actividade pensada para gozar en familia, aprender e compartir valores de respecto e diversidade

  • A hora dos contos: Dani Blanco

    Biblioteca Pública Municipal Xosé Neira Vilas Avda. Martínez Garrido, 21, Vigo, Pontevedra, Spain

    A hora dos contos é un proxecto de animación á lectura no que nos visitan diferentes artistas coas súas maletas cargadas de historias, co fin de fomentar entre o público máis pequeno o gusto polos libros e a lectura. Nesta ocasión visítanos o contador Dani Blanco.

  • Cita a cegas

    Biblioteca Pública Municipal Xosé Neira Vilas Avda. Martínez Garrido, 21, Vigo, Pontevedra, Spain

    Ofrecémosvos unha CITA A CEGAS co que pode chegar a ser un gran amor literario.
    Na biblioteca teredes á vosa disposición unha serie de paquetes pechados que se poden levar a casa emprestados, sen saber o que hai dentro, ata que ao abrilos desvelen o seu segredo, atopando o que pode chegar a ser un gran descubrimento, unha decepción ou un frechazo a primeira vista!

  • Feira do Libro. Praza de Compostela

    Feira do libro Praza de Compostela Praza de Compostela, Vigo, Pontevedra, Spain

    Unímonos a este proxecto literario onde se atopan as diferentes personalidades do sector das letras, as novidades editoriais, actividades, etc. estando presentes cunha caseta na que amosaremos os servizos e as actividades que ofrece a biblioteca.

  • Obradoiro: Deseño de Bechos

    Neste obradoiro monográfico de deseño de bechos observaremos as principais características dos nosos insectos favoritos, debuxaremos e recortaremos cada unha das pezas da súa anatomía, definiremos a súa silueta e xogaremos con todos estes elementos para montar un insectario imaxinario colectivo.