
Data/hora
Data(s) - 29/11/2025
Hora 12:00 - 13:00
Obradoiro Viaxe ó marabilloso mundo das microalgas mariñas
Cando miramos a auga do mar, non podemos imaxinar a cantidade de seres diminutos que non se poden ver a simple vista e que son esenciais para a vida mariña. Nesta actividade coñeceremos este mundo microscópico, as súas formas e cores, e falaremos da súa importancia para a vida. Coñeceremos tamén algunhas especies que producen toxinas e que poden ser un problema na nosa zona cando queremos comer marisco.
Animádevos a participar nesta singular actividade, dirixida a público familiar, que será desenvolvida a través de imaxes proxectadas e comentadas e diferentes experiencias sensoriais (modelos 3D, pintura, recorte e construción dun móbil para pendurar), e con contidos adaptados para a rapazada e as súas familias.
Actividade realizada en colaboración con IIM CSIC e a Unidade de Cultura Científica IIM CSIC dentro do programa Semana Da Ciencia 2025, Instituto De Investigacións Mariñas

Prazas
Esta actividade é sen inscrición. Entrada libre ata completar aforo.
Ubicación
Biblioteca Pública Municipal Xosé Neira Vilas

