Data/hora
Data(s) - 01/09/2020
Hora 19:00 - 20:00
Terrazas de Verán : Concerto Cé Orquestra Pantasma
Aproveitando o bo tempo do verán sairemos á rúa para realizar unha serie de actividades de dinamización cultural que terán a literatura e a música como protagonistas.
A XOGAR, CANTAR E BAILAR
Novo espectáculo de Cé Orquestra pantasma, homenaxe ao que durante 10 anos acompañou as festas de toda unha
xeración de nenos e nenas galegas.
Grazas ao ritmo e participación característicos do home orquestra, os pequenos e pequenas chegan a converterse nos
auténticos protagonistas do espectáculo.
O divertimento está garantido grazas a un repertorio composto por melodías, xogos musicais e cantigas de diferente tipo:acumulativas, xestuais, imitación, creativas, danzadas… para que participen xogando, cantando e bailando todo o que lles pete… ata caír de cú!!
Prazas:
15 previa inscrición.
Inscrición:
Os interesados en participar nesta actividade poden formalizar a súa inscrición a partir das 10.30 h do 11 de agosto. A inscrición pode facerse de forma presencial na biblioteca, mandando un correo electrónico a bpneiravilas@vigo.org indicando os seus datos (nome e apelidos, idade, enderezo, teléfono e correo electrónico) ou ben a través do teléfono 986 267 759. A actividade é gratuíta e as prazas cóbrense por orde de inscrición.
Normas das actividades:
Tomaránse as medidas sanitarias precisas seguindo as normativas vixentes
-Uso obrigatorio de máscara
-Facer previa inscrición
-Separación entre os grupos de 1,5m
-Aforo limitado
As persoas que non cumpran coas normas sanitarias deberán abandonar a actividade.
Se as condicións metereolóxicas son adversas estas actividades poden adiarse, manténdose as inscricións.
Actividade en colaboración co Servizo de Normalización lingüística de Concello de Vigo
Ubicación
Terraza Biblioteca