Data/hora
Data(s) - 01/09/2022
Hora 19:30 - 20:30
Terrazas de verán: concerto Cuarteto Açaí
O cuarteto Acai reúne a catro experimentados músicos da escena do Jazz galego entorno a un proxecto ideado para estudar e espallar o repertorio da música brasileira do século XX. A riqueza da música brasileira e a súa proximidade ao mundo do Jazz fan deste un proxecto musicalmente moi ambicioso e atractivo para os seus compoñentes. Nas súas primeiras grabacións revisaron temas de Toninho Horta, Chico Buarque e Antonio Carlos Jobim ou Milton Nascemento. A idea é abarcar un período amplo da música brasileira, dende Cartola ata Caetano Veloso, Djavan, Guinga ou Chico Pinheiro.
A banda está composta polo cantante e multiinstrumentista Rubén Fernández, o guitarrista Felipe Villar, o contrabaixista cubano-galego Jose Manuel Díaz e o percusionista brasileiro-ga1ego Paulo Silva. Os catro músicos son de sobra coñecidos no eido do Jazz galego, e os catro son apaixonados amantes da música brasileira. A música deste cuarteto pretende ser moi respetuosa coa tradición musical de Brasil ao mesmo tempo que devota das súas expresións e sonoridades máis contemporáneas.
Predición metereolóxica
Esta actividade realizarase no xardín posterior da biblioteca, en caso de predición metereolóxica adversa a actividade pode adiarse
Ubicación
Xardín Biblioteca Neira Vilas