Un ano máis, a biblioteca uniuse a este proxecto literario. Este ano a caseta rendeu unha pequena homenaxe ao escritor vigués Domingo Villar e á súa obra, centrándose no Mapa Literario de Vigo; e en concreto nas localizacións da cidade nas obras de Domingo.
Especialistas de alto nivel na obra de Domingo Villar
Quiniela: Inspector Leo Caldas
A cidadanía que se achegou á caseta puido participar nun xogo, no que quedou claro, que en Vigo, hai moitas e moitos expertos nos casos policiais do inspector Leo Caldas.
Estos foron os premios:
DEGUSTACIÓN DOS PRATOS PREFERIDOS DO INSPECTOR LEO CALDAS
Comida ou cea no bar Puerto para dúas persoas
Comida ou cea na taberna Elixio para dúas persoas
COÑECER A ESCOLA DE ARTES E OFICIOS ONDE TRABALLABA MÓNICA ANDRADE
Visita guiada á EMAO, Escola de Artes e Oficios para dúas persoas
TRAXECTO QUE FACÍA MÓNICA ANDRADE NO PIRATA DE ONS
Viaxe de ida e volta Vigo-Moaña-Vigo na naviera Nabia para dúas persoas
Probas policiais
O último barco
- Sobre o mármore do lavabo vaso de porcelana cun tubo de dentífrico sen tapa, sen rastro do cepillo de dentes
- Na mesa alta de traballo no taller de Mónica Andrade o libro O segredo da porcelana aberto boca abaixo
- Unha das pezas da exposición de Miguel Vázquez, que se inaugurou en Lisboa, coincidindo coa desaparición de Mónica Andrade
A praia dos afogados
- Traxe de augas que vestía Xusto Castelo cando o sacaron da agua
- Dúas chaves unidas por unha arandela de metal
- Cadea cunha medalla de ouro, a imaxe é da Virxe do Carme
- Figa metálica, escura e non máis grande ca unha uva
- Varios billetes medio desfeitos
- Bolsiña cunha substancia branca
- Brida cortada para poder liberar as mans do morto
Ollos de auga
- Lois Reigosa escolleu o CD Billie Holiday, The man I love, a noite da súa morte, colocouno no equipo musical
- Vasos que repousaban na mesa baixa do apartamento de Toralla de Lois Reigosa
- Formol substancia inxectada no corpo de Reigosa